OBXECTIVOS:
1.Profundizar no coñecemento do alumnado con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e outros perfís con grandes necesidades de apoio educativo, comprendendo as súas características, formas de comunicación, intereses e particularidades no contexto escolar, co fin de favorecer unha resposta educativa axustada e inclusiva.
2.Desenvolver e aplicar estratexias prácticas de intervención dentro da aula ordinaria que promovan a participación activa, o benestar emocional e a aprendizaxe significativa do alumnado con TEA, integrándoas nas rutinas, dinámicas e metodoloxías do grupo-clase.
3.Fomentar unha cultura de aula inclusiva e colaborativa, onde se xeren aprendizaxes compartidos entre o alumnado con TEA, os seus compañeiros e o profesorado, recoñecendo o valor educativo da diversidade e o impacto positivo que ten a inclusión para toda a comunidade educativa.
FORMACIÓN HOMOLOGADA POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN (8 horas)
![]() |
AGAMPI |
No reembolsable